martes, 4 de abril de 2017

Xa están aquí as vacacións!


e con elas máis tempo libre para descansar, estar cos amigos e...tamén para ler un bo libro, disfrutar cun cómic ou ver unha peli das novas que hai na biblioteca. Animádevos a vir, seguro que hai algo para vós!
E lembrade que podedes levar ata tres libros, pelis ou cómics



Á volta, para o día 20 de abril chegarános á biblioteca unha sorpresa que esperamos vos guste e que se quedará con nós durante un mes. 

Adquisicións de fondos de consulta grazas ao PLAMBE

A biblioteca adquiríu ao longo do segundo trimestre fondos de consulta e de lectura para varios departamentos que o solicitaron (mencionamos algún ou non? Ciencias, Física, Idiomas, Plástica, Relixión, Música, Matemáticas,Historia,).




Vida saudable, base dunha boa convivencia

Na semana do 20 de marzo comezamos na Biblioteca as actividades relacionadas có tema lema do centro este curso “Vida saudable,, que proseguirá con traballos de investigación en internet do alumnado de francés sobre alimentación e menús sans no ámbito escolar.
Levamos a cabo a proxección da película inglesa Billy Elliot que se enmarca dentro do traballo realizado polo dpto de Ciencias Naturais baixo o epígrafe de “Crecer sans”




Mércores na biblioteca

O día 15 de marzo a biblioteca, seguindo coa apertura dun mércores ao mes, contou cun taller de marcapáxinas no que participou alumnado do curso de Banda deseñada.



Xuntanza Rede de Bibliotecas Escolares de Ames

O pasado 15 de marzo, celebrouse na biblioteca do IES do Milladoiro a 8ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Asistiron representantes das bibliotecas do CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e IES Plurilingüe de Ames. 
Máis información



xoves, 9 de marzo de 2017

9 de marzo-Día da muller


Dende a biblioteca queremos unirnos a celebración do Día da Muller e ás reivindicacións de igualdade entre xéneros con este audiovisual creado no IES Politécnico de Vigo por e estudantes e profesoras.





O Departamento de Economía preparou unhas actividades na Biblioteca co alumnado de cuarto de ESO para conmemorar o 8 de marzo. Preténdese recoñecer a loita da muller pola súa participación, en condicións de igualdade co home, no campo social e laboral.
Por un lado, o alumnado da materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial realizou a lectura e análise de varias noticias de actualidade sobre a brecha salarial entre homes e mulleres e o teito de cristal que limita o acceso da muller a postos directivos. Este traballo. Despois confeccionáronse uns carteis coas noticias seleccionadas para ser expostos no corredor.
Por outro lado, na materia de Economía levouse a cabo un traballo colaborativo de investigación e análise estatístico sobre as discriminacións de xénero no mercado laboral, analizando as causas e consecuencias sobre a vida das mulleres. En particular, tratar a necesidade de implantar nas empresas de medidas que favorezan a conciliación laboral e familiar, pero que estas non deben estar destinadas só as mulleres se non tamén aos homes. Habitualmente estas medidas son pensadas en clave feminina, o que perpetúa os roles de xénero e limita que as mulleres desenvolvan unha carreira profesional nas mesmas condicións que os homes. Baixo o lema “Traballar igual. Cobrar igual. Conciliar igual.” elaboráronse dous carteis expoñendo os resultados do traballo.





Coa colaboración dos  Departamentos de Historia, Inglés e L. Española entre outros, o alumnado de 4º de ESO asistiu á proxección de Las sinsombrero a 5ª hora




Tamén se fixeron exposicións dentro e fóra da biblioteca.