domingo, 17 de decembro de 2017

11-DECEMBRO: LECTURA DOS DDHH EN VARIAS LINGUAS E EXPOSICIÓN DDHH E PINTURA

Para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos,  un grupo de dez alumnos/as e dúas profesoras realizaron unha lectura dos DDHH en portugués, inglés, francés, catalán, romanés, árabe, español de América, italiano e galego. Deixámosvos as imaxes do acto desenvolvido na biblioteca o luns 11 de decembro durante o 2º recreo e agradecemos a todos/as a vosa participación:


martes, 12 de decembro de 2017

EXPOSICIÓN "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON"



Do 1 ao 12 de decembro poderemos ver, organizada pola Biblioteca do centro, a exposición da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.  Cun formato de banda deseñada e unhas mensaxes sinxelas e claras, amosa comportamentos discriminatorios presentes nalgunhas  relacións afectivas e sociais e que son un sinal incipiente de violencia machista. Amosámosvos a visita guiada realizada durante a clase de Lingua castelá.



luns, 27 de novembro de 2017

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Con tal motivo, a biblioteca do IES do Milladoiro ten organizado:
  • Exposición dedicada á figura do docente, botánico e metereólogo Baltasar Merinos. Traballos de investigación do alumnado de ciencias.
  • Exposición no exterior da biblioteca: A pegada e a débeda ecolóxica en Galiza.
  • Mostra e difusión dos fondos científicos recentemente adquiridos.

25-N: OBRADOIRO DE XÉNERO

O xoves 23 de novembro o alumnado de 2º ESO A participou nun obradoiro sobre sexismo e identidade impartido pola asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) na nosa biblioteca. O traballo centrouse en ir desmontando os estereotipos de xénero, entendidos como xérmolo das condutas violentas, coa formulación de preguntas que propiciaban no alumnado a reflexión e a análise sobre a imaxe que os medios de comunicación (series, titulares de prensa, revistas…) proxectan das mulleres. O vídeo recolle algúns dos momentos máis importantes do obradoiro e sobre todo as producións dos nosos alumnos/as:
 

domingo, 26 de novembro de 2017

REUNIÓN BIBLIOTECAS DA CONTORNA

O pasado martes 21 de novembro tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas dos centros públicos do Concello de Ames para intercambiar experiencias e proxectos e para dar continuidade ás actividades que se realizan en colaboración como: lecturas compartidas, préstamos de libros, elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de Nadal, etc.

 

CULTURA CIENTÍFICA NA NOSA BIBLIOTECA

En varias sesións os grupos de 1º de ESO compartiron o uso da biblioteca, traballando  nos diferentes espazos, con alumnado de 4º de ESO de Cultura Científica. Este grupo acompañados pola súa profesora utilizou diferentes recursos da biblioteca (internet, enciclopedias, libros e revistas.)  co obxectivo de elaborar una Guía turística espacial.



FORMACIÓN DE USUARIOS CURSO 17-18

A cabalo entre o mes de outubro e novembro leváronse a cabo varias xornadas de Formación de usuarios, tanto nas aulas como na biblioteca.
Todo o alumnado de 1º de ESO e algún curso de 2º de ESO recibIu unha formación que tiña como obxectivos  coñecer a biblioteca, recoñecer a diversificación de espazos,localizar documentos con  diferentes contidos e  formatos, así  como a entrar na propia biblioteca ou noutras, como a Biblioteca Pública Municipal do Milladoiro a través da páxina:
Para realizar esta formación utilizamos recursos publicados na páxina de BE.
Foron tamén utilizadas unhas fichas para localizar diferentes fondos a partir dunhas etiquetas.Estas actividades foron desenvoltas en pequenos grupos colaborativos.Unha vez localizados os libros, pasaban a outros grupos que debían devolvelos á súa correspondente ubicación.






luns, 13 de novembro de 2017

150 cancións para traballar a prevención da violencia de xénero na clase

Proposta didáctica para traballar a prevención da violencia de xénero a través dunha selección de 150 cancións.
 
 
Preme na imaxe para descargar a guía en PDF

venres, 10 de novembro de 2017

Recomendacións para visibilizar o "Día contra a violencia de xénero"


"Son muller" composto polas rapazas de MBCP(Máis boas cás patacas)

 

O alumnado de 4º da ESO do CPI Mosteiro Meis de Pontevedra sensibilízanse fronte á violencia machista cunha curtametraxe para o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


Enseñamos a las niñas que pueden tener ambición, pero no demasiada... que pueden tener éxito, pero no demasiado, pues eso amenaza a los hombres, dice la autora Chimamanda Ngozi Adichie. En esta charla que abre una conversación en todo el mundo sobre el feminismo, Adichie pide que comencemos a soñar y planificar para un mundo diferente, más justos, de hombres y mujeres más felices y más auténticos. 

Outras recomendacións:
CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE. Todos teriamos que ser feministas. Ed: Sushi Books
GEMMA LIENAS.  El diario violeta de Carlota. Ed: El Aleph

el diario violeta de carlota-gemma lienas-9788476699287




venres, 3 de novembro de 2017

MOCHILAS HORA DE LER

Co obxectivo de dinamizar a lectura, bota a andar o proxecto MOCHILAS HORA DE LER dirixido a fomentar a lectura durante as horas de garda. As mochilas contan cun caderno no que se recordan as instrucións de uso, se recolle unha relación do material bibliográfico seleccionado e se presenta un formulario que deberá ser cumprimentado polo profesorado de garda correspondente. 

 

martes, 31 de outubro de 2017

UN DÍA DE MORTE!!!

Acaba o verán (significado da palabra gaélica “Samaín”) e chega o inverno. Desaparece a luz, as cabazas ilumínanse e chegan as longas noites escuras. Tamén celebramos o Samaín na nosa biblioteca: exposición de lecturas de terror, decoración arrepiante e epitafios elaborados polo alumnado na entrada do centro. 

Deixámosvos unha galería de fotos da nosa celebración e algúns enlaces con recomendacións: 




Películas relacionadas coa temática:

  1. La novia Cadaver
  2. Monster House
  3. El pequeño vampiro 
  4. Era una vez Halloween 
  5. Los mundos de Coraline 
  6. Bibi la pequeña bruja y el secreto de los buhos azules   
  7. Winnie the Pooh y Heffalump en Halloween 
  8. La Leyenda de Sleepy Holow 
  9. Donde viven los monstruos 
  10. Los cazafantasmas
  11. Hotel Transilvania 
  12. La familia Adams 
  13. Monstruos S.A. 
  14. Frankenweenie

martes, 24 de outubro de 2017

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Mesa de préstamo na entrada do centro ao coidado dalgúns colaboradores da biblioteca:


Actuación musical e recitación de poemas coa colaboración dos departamentos de Música e Inglés durante o acto de entrega  dos certificados de voluntariado na biblioteca do pasado curso.






REVISTAS DE RECURSOS WEB


 Observatorio de la Lectura y el Libro

domingo, 22 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR



O día 23 e 24 de outubro celebraremos o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Dende 1999  a Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares estableceu esta data co fin de evidenciar a importancia que na educación teñen as bibliotecas escolares. A nosa biblioteca preparou as seguintes actividades para que todos lembremos tamén a súa importancia:

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.