xoves, 23 de febreiro de 2017

Día de Rosalía

Ao longo destas dúas semanas varias profesoras de Dinamización, Galego, etc. prepararon, coa colaboración de alumnado da ESO, as actividades conmemorativas para festexar o Día de Rosalía.
Os traballos desenvolvéronse na biblioteca utilizando recursos dixitais e tamén en papel como a publicación Rosalía de Castro, mulleres bravas da nosa historia da editorial Urco, texto de María Lado.




Decoración das escaleiras principais do centro con poemas de Rosalía







No segundo recreo do xoves disfrutamos de varias actuacións musicais e recital de poemas a cargo de alumnado de distintos cursos de ESO. Aquí recollemos algúns destes momentos 








A celebración extendeuse, ademais aos corredores, escaleiras e tamén chegou a cafetaria coa iniciativa de agasallar cunha tarxetiña coa lenda caféconverso que leva impreso a faciana e uns versos de Rosalía.

Reunión do Equipo de Biblioteca

Todas as semanas o Equipo de Biblioteca leva a cabo unha reunión  na que se acordan actividades, se pon en común o traballo individual do profesorado, se unifican criterios para o traballo na biblioteca..., en resumo, se coordinan as distintas actuacións. Algunha destas reunións contou coa asistencia das alumnas do Master universitario en Profesorado que este ano están facendo as prácticas no noso centro. Esperamos que sexa para elas unha boa  experiencia. Para nós é sempre interesante contar con novas aportacións.





xoves, 9 de febreiro de 2017

Amor na biblioteca

O alumnado do agrupamento de Lengua Castelá de 1º de ESO prepara unha exposición de  poemas de amor para o día de San Valentín. Aquí os vemos na biblioteca buscando, lendo e transcribindo os textos. Bo traballo!








Xornada de Portas abertas da biblioteca

O martes 20 de decembro pola tarde a biblioteca mantivo as súas portas abertas co obxectivo de dar a coñecer os cambios que se están levando a cabo, tanto  na adquisición de novos fondos, como no futuro  equipamento, que grazas ao PLAMBE, facilitará un mellor desenvolvemento das actividades de fomento da lectura, de dinamización cultural e de traballos por proxectos e outros de busca de información.






                                                           

Visita á Biblioteca Municipal do Milladoiro



Os días 19 e 20 de decembro o alumnado de 1º de ESO visitou á BPM do Milladoiro no marco da Programación de actividades da biblioteca e como complemento á formación de usuarios recibida ao longo deste 1º trimestre.O encargado da mesma explicou as formalidades a seguir para obter o carnet de usuario, que moitos xa posúen, así como a distribución das lecturas, o acceso á plataforma GALICIALE, e a busca a través dos catálogos da opac para procurar algún exemplar tanto na biblioteca do instituto como na municipal.