luns, 27 de novembro de 2017

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Con tal motivo, a biblioteca do IES do Milladoiro ten organizado:
  • Exposición dedicada á figura do docente, botánico e metereólogo Baltasar Merinos. Traballos de investigación do alumnado de ciencias.
  • Exposición no exterior da biblioteca: A pegada e a débeda ecolóxica en Galiza.
  • Mostra e difusión dos fondos científicos recentemente adquiridos.

25-N: OBRADOIRO DE XÉNERO

O xoves 23 de novembro o alumnado de 2º ESO A participou nun obradoiro sobre sexismo e identidade impartido pola asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) na nosa biblioteca. O traballo centrouse en ir desmontando os estereotipos de xénero, entendidos como xérmolo das condutas violentas, coa formulación de preguntas que propiciaban no alumnado a reflexión e a análise sobre a imaxe que os medios de comunicación (series, titulares de prensa, revistas…) proxectan das mulleres. O vídeo recolle algúns dos momentos máis importantes do obradoiro e sobre todo as producións dos nosos alumnos/as:
 

domingo, 26 de novembro de 2017

REUNIÓN BIBLIOTECAS DA CONTORNA

O pasado martes 21 de novembro tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas dos centros públicos do Concello de Ames para intercambiar experiencias e proxectos e para dar continuidade ás actividades que se realizan en colaboración como: lecturas compartidas, préstamos de libros, elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de Nadal, etc.

 

CULTURA CIENTÍFICA NA NOSA BIBLIOTECA

En varias sesións os grupos de 1º de ESO compartiron o uso da biblioteca, traballando  nos diferentes espazos, con alumnado de 4º de ESO de Cultura Científica. Este grupo acompañados pola súa profesora utilizou diferentes recursos da biblioteca (internet, enciclopedias, libros e revistas.)  co obxectivo de elaborar una Guía turística espacial.



FORMACIÓN DE USUARIOS CURSO 17-18

A cabalo entre o mes de outubro e novembro leváronse a cabo varias xornadas de Formación de usuarios, tanto nas aulas como na biblioteca.
Todo o alumnado de 1º de ESO e algún curso de 2º de ESO recibIu unha formación que tiña como obxectivos  coñecer a biblioteca, recoñecer a diversificación de espazos,localizar documentos con  diferentes contidos e  formatos, así  como a entrar na propia biblioteca ou noutras, como a Biblioteca Pública Municipal do Milladoiro a través da páxina:
Para realizar esta formación utilizamos recursos publicados na páxina de BE.
Foron tamén utilizadas unhas fichas para localizar diferentes fondos a partir dunhas etiquetas.Estas actividades foron desenvoltas en pequenos grupos colaborativos.Unha vez localizados os libros, pasaban a outros grupos que debían devolvelos á súa correspondente ubicación.






luns, 13 de novembro de 2017

150 cancións para traballar a prevención da violencia de xénero na clase

Proposta didáctica para traballar a prevención da violencia de xénero a través dunha selección de 150 cancións.
 
 
Preme na imaxe para descargar a guía en PDF

venres, 10 de novembro de 2017

Recomendacións para visibilizar o "Día contra a violencia de xénero"


"Son muller" composto polas rapazas de MBCP(Máis boas cás patacas)

 

O alumnado de 4º da ESO do CPI Mosteiro Meis de Pontevedra sensibilízanse fronte á violencia machista cunha curtametraxe para o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


Enseñamos a las niñas que pueden tener ambición, pero no demasiada... que pueden tener éxito, pero no demasiado, pues eso amenaza a los hombres, dice la autora Chimamanda Ngozi Adichie. En esta charla que abre una conversación en todo el mundo sobre el feminismo, Adichie pide que comencemos a soñar y planificar para un mundo diferente, más justos, de hombres y mujeres más felices y más auténticos. 

Outras recomendacións:
CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE. Todos teriamos que ser feministas. Ed: Sushi Books
GEMMA LIENAS.  El diario violeta de Carlota. Ed: El Aleph

el diario violeta de carlota-gemma lienas-9788476699287




venres, 3 de novembro de 2017

MOCHILAS HORA DE LER

Co obxectivo de dinamizar a lectura, bota a andar o proxecto MOCHILAS HORA DE LER dirixido a fomentar a lectura durante as horas de garda. As mochilas contan cun caderno no que se recordan as instrucións de uso, se recolle unha relación do material bibliográfico seleccionado e se presenta un formulario que deberá ser cumprimentado polo profesorado de garda correspondente.