martes, 6 de febreiro de 2018

8 marzo: lecturas en feminino



Título: Sabias. La cara oculta de la ciencia
Autora: Adela Muñoz Páez, 2017
Editorial: Debate
Percorrido pola historia das mulleres científicas que pretende subvertir os estereotipos que ao longo do tempo dificultaron o desenvolvemento académico  das mulleres. Quen foi Rosalind Franklin, Enheduanna, Émilie de Châtelet, Hildefarda de Bingen…?

Título: Mujeres de ciencia. 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo
Autora: Rachel Ignotofsky, 2017
Editorial: Nordica
Libro de ilustracións e infografías nas que se retrata a cincuenta científicas de todas as épocas históricas acompañándoas  dunha breve biografía e imaxes dos aparellos que usaban no seu campo de traballo.

Título: El rayo azul  
Autor: Vicente Muñoz Puelles Colección: Libros Para Jóvenes - Leer Y Pensar-Selección
Obra que recolle os aspectos máis destacados da biografía de Marie Curie publicada pola súa filla Ève no ano 1937.

Título: Las chicas son de ciencias
Autores: Civico, Irene y Parra, Sergio
Editorial Montena
A vida de 25 científicas que cambiaron o mundo.

Título: Todos teriamos que ser feministas
Autor: Chimamanda Ngozi Adichie
Ed. Sushi Books 2017

Título: Como ser muller
Autora: Caitlin Moran
Ano de publicación: 2011
Editorial: Rinoceronte Editora

Título: Corredora
Autor: María Reimóndez
Ed. Xerais 2017 

Título: Feminismos
Autor: María Reimóndez
Ed. Xerais 2013

Título: Usha
Autor: María Reimóndez
Ed. Xerais 2006

Título: Circe ou o pracer do azul
Autor: Begoña Caamaño
Ed. Galaxia 2009


Recursos para o 8 de marzo

luns, 5 de febreiro de 2018

8 marzo: recursos audiovisuais




 


 

A maleta viaxeira de inglés no novo recuncho de lectura informal



O alumnado de 1º e de 2º de ESO acompañados pola súa profesora de inglés acudiron á biblioteca coa finalidade  de  coñecer e ler os libros en versión orixinal que contiña a Maleta viaxeira Inglés Secundaria A. A súa atención centrouse, entre outros aspectos, nas fermosas ilustracións dos distintos títulos de banda deseñada que se recollen nesta iniciativa para fomento da lectura.
A raíz deste achegamento a novas lecturas en inglés os alumnos e alumnas aportaron as súas suxestións para a adquisición dalgún destes títulos por parte do Departamento de Inglés e a Biblioteca.


domingo, 4 de febreiro de 2018

II Concurso literario "Textos en paz"


Co motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que tivo lugar o martes 30 de xaneiro de 2018, a Biblioteca do IES do Milladoiro organizou o seu II Concurso literario baixo o título "TEXTOS EN PAZ", dirixido a todo o alumnado de ESO e Bacharelato.
Os premiados nesta nova convocatoria foron:
 
  • Mario Mosquera Gómez (2º ESO PMAR ) 
  • Nathalie Valera Vargas (4ºESO A). 

Parabéns!!